"Donald y las matemáticas" nos introduce de forma amena e interesante en algunos aspectos simples de la utilidad de las matemáticas y su contenido. Donald se convierte en un intrépido explorador que guiado por un “espíritu de las matemáticas” va redescubriendo el número aúreo, la geometría, la relación entre música, las matemáticas y otros temas. Interesante para poder trabajar en clase...¿no os parece?
jueves, 2 de marzo de 2017
jueves, 23 de febrero de 2017
Money, money... (Entroideando...)
Entroido 2017...o noso musical: "Cabaret"
Nesta ocasión o entroido do CEIP Rabadeira ía de musicais, e cada un dos niveis preparou un baile dunha película coñecida. No noso caso preparamos a canción "Money, money" do musical Cabaret.
Ademáis diso tamén fixemos máscaras venecianas:
Agradecemos a todos que viñérades a ver as nosas actuacións.
Ata o ano que ven!
martes, 21 de febrero de 2017
Teatro-bailes e concerto
Teatro Valados-Entroidanzas-Palacio da Ópera
Venres 17 de febreiro 2017 tivemos unha obra de teatro no Auditorio de Mera. A obra representada chámase "Valados", baseada nun libro de Agustín Fernández Paz:
Helena e Xoel son amigos inseparables, non hai horas que lles cheguen
para estaren xuntos. Na súa vila comezan a suceder feitos que os
desacougan; semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas e
deixou no seu lugar odio, xenreira e medo. Axiña se erguen altos valados
para separar e illar unhas persoas doutras. Valados visibles, e tamén
invisibles, que afastan a Xoel e a Helena. Os dous terán que idear mil e
unha artimañas para manter viva a intensa amizade que os une.Valados,
conto de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Xan López Domínguez, é un
libro chamado a converterse nunha das achegas máis importantes
realizadas pola literatura infantil galega até a actualidade. Un libro
sobre a amizade por riba de todas fronteiras. Un libro sobre a
fraternidade por riba de muros e valados. Un libro sobre a igualdade e
liberdade como dereitos primeiros de todos os seres humanos.
A obra encantóunos.
Luns 20 de febreiro 2017, no mesmo lugar (Teatro de Mera) tivemos a actuación de "Entroidanzas" na que bailamos diferentes bailes carnavalescos do mundo. Que ben o pasamos!
O martes 21 fomos a un sitio ben especial, o palacio da Ópera para ver unha obra chamadas "historias do mar" encantounos coma sempre visitar ese lugar.
lunes, 6 de febrero de 2017
Visitamos a TELVA
Visitamos a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de A Telva
O día 6 de febreiro de 2017, 4º C visitou por primeira vez a ETAP de A Telva. Estivemos no lugar no que fai máis de 70 anos, durante 24 horas ao día e todos os días do ano, se trata a auga que consumimos todos os coruñeses e gran parte da comarca.
Aquí vimos un anaquiño da historia de A Coruña, unha cidade que, coma todas naciu e crecíu en torno á auga potable. É un complexo dos máis avanzados de Europa que modernizou un proceso centenario e sostible.
Aquí vimos un anaquiño da historia de A Coruña, unha cidade que, coma todas naciu e crecíu en torno á auga potable. É un complexo dos máis avanzados de Europa que modernizou un proceso centenario e sostible.
A ETAP de A Telva é unha planta industrial na que se capta, se decanta, se filtra e se esteriliza a auga procedente do embalse de Cecebre a través do río Mero.Unha vez completado este proceso a auga impúlsase ás cabeceiras das redes de abastecemento, xa apta para o consumo humano.
Antes de marchar, e despois de toda a visita fomos a un laboratorio onde fixemos un experimento no que se explicou o filtrado e a forma de limpar a auga de coloides. Este experimento foi un resumo moi sinxelo do que se traballa en toda a planta. Pareceunos moi divertido e interesante. Aprendemos un montón.
Web EMALCSA
Por se alguén quedou con ganas de aprender máis...aquí vos deixamos un enlace para aprender a Historia da Potabilización da Auga.
lunes, 30 de enero de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









































