Páginas

viernes, 26 de abril de 2019

RETALLOS ESTAMPADOS: LUÍS SEOANE


     A persoa homenaxeada no Día das Artes Galegas no 2019 é o polifacético Luís Seoane, polo que os nenos e nenas de 2º de Primaria fixemos este obradoiro artístico e lúdico a través do que fixemos un percorrido pola súa obra plástica, principalmente polos debuxos, pinturas, ilustracións, deseños e gravados.




     Traballamos a súa vinculación coa literatura tanto como autor, como deseñador de portadas e ilustrador, sen esquecer o seu compromiso cultural, social e político con Galicia.





     Para rematar experimentamos coa técnica de estampación poñendonos na súa pel como artistas totais, creando e innovando nun particular laboratorio de formas e cores.