O martes día 14 de marzo 2017 fixemos unha saída ó Pazo de Mariñán. Os monitores Nati e Fran ensináronnos o fermoso xardín pacego que lle dá sona ó Pazo e que foi trazado hai xa 200 anos onde medran arbustos e árbores exóticas chegadas de ben lonxe que se espallan polos distintos recunchos do recinto dando sombra e cor.
Tamén vimos o observatorio das aves e fixemos xogos de pistas para descubrir o xardín das palabras, a capela, o labirinto...etc.