Páginas

jueves, 17 de marzo de 2016

DO DOCE AO SALGADO

Hoxe tivemos unha saída moi especial...descubrimos unha ruta que foi dende unha fraga (o Parque dos Veciños) cun regato pequeniño que desemboca na praia de Bastiagueiro.
Dende alí camiñamos ata a praia de Santa Cristina onde investigamos lugares novos e as especies autóctonas.
Unha marabilla en moi boa compañía.
O regato Bastiagueiro remata mesturando as súas augas doces coas salgadas da praia. Centos de persoas gozan da fermosa praia de Bastiagueiro tanto no verán coma no inverno. Pero os habitantes non son realmente as persoas....A marea baixa destapa parte das rochas, onde moitos animais do salgado se resgardan nas pociñas ata que volve a subir a marea.

viernes, 11 de marzo de 2016

Visita dun Entrenador Persoal

Hoxe tivemos a visita dun Entrenador persoal que nos explicou o importante ter unha boa alimentación e uns bos hábitos e hixiene.

lunes, 7 de marzo de 2016

O Planetario

Visitamos A Casa das Ciencias e vimos unha proxección chamada "A noite do vampiro" na que nos explicaron moitas cousas sobre as Galaxias.