Páginas

miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN

O 31 de outubro tivemos unha celebración moi especial xa que foi o Samaín no cole.

Ademáis de ter unha semana de contos de medo e ambientamos as aulas con cabazas, morcegos, bruxas e cráneos...


Arriba diante dos despachos de dirección tivemos unha boa morea de cabazas que presentamos ao concurso que fixeron...foi unha pasada!


Moitos nenos viñeron disfrazados...uns daban medo e outros moita risa.


Desexando xa a próxima celebración...mentras seguimos cantando ao samaín....


jueves, 25 de octubre de 2018

Pequeno curso de RCP

Os alumnos de 2º curso tivemos unha visita moi especial. A nai de Jacobo S. de 2ºA veu a darnos unha clase de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) xa que é médico do Completo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).

Para esta práctica tivemos que traer uns invitados moi especiais: os nosos osiños de peluche cos que puidemos praticar todo o que Sonia nos ía contando.




É moi importante todo o que aprendemos, e vimos que está nas nosas mans poder axudar: avisando a unha persoa maior ou chamando ao 112. Os primeiros minutos son os máis importantes.


Para finalizar vimos unha canción que resume todo o que nos ensinou Sonia:


Moitas grazas por todo a Sonia e a Jacobo. FOI XENIAL!