Páginas

lunes, 6 de febrero de 2017

Visitamos a TELVA

Visitamos a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de A Telva

     O día 6 de febreiro de 2017, 4º C visitou por primeira vez a ETAP de A Telva. Estivemos no lugar no que fai máis de 70 anos, durante 24 horas ao día e todos os días do ano, se trata a auga que consumimos todos os coruñeses e gran parte da comarca.
     Aquí vimos un anaquiño da historia de A Coruña, unha cidade que, coma todas naciu e crecíu en torno á auga potable. É un complexo dos máis avanzados de Europa que modernizou un proceso centenario e sostible.

     A ETAP de A Telva é unha planta industrial na que se capta, se decanta, se filtra e se esteriliza a auga procedente do embalse de Cecebre a través do río Mero.Unha vez completado este proceso a auga impúlsase ás cabeceiras das redes de abastecemento, xa apta para o consumo humano.




   Antes de marchar, e despois de toda a visita fomos a un laboratorio onde fixemos un experimento no que se explicou o filtrado e a forma de limpar a auga de coloides. Este experimento foi un resumo moi sinxelo do que se traballa en toda a planta. Pareceunos moi divertido e interesante. Aprendemos un montón.













Web EMALCSA
     
     Por se alguén quedou con ganas de aprender máis...aquí vos deixamos un enlace para aprender a Historia da Potabilización da Auga.


1 comentario:

  1. soy Anxela a mi me gusto mucho y apendi mucho

    ResponderEliminar