Páginas

jueves, 25 de octubre de 2018

Pequeno curso de RCP

Os alumnos de 2º curso tivemos unha visita moi especial. A nai de Jacobo S. de 2ºA veu a darnos unha clase de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) xa que é médico do Completo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).

Para esta práctica tivemos que traer uns invitados moi especiais: os nosos osiños de peluche cos que puidemos praticar todo o que Sonia nos ía contando.




É moi importante todo o que aprendemos, e vimos que está nas nosas mans poder axudar: avisando a unha persoa maior ou chamando ao 112. Os primeiros minutos son os máis importantes.


Para finalizar vimos unha canción que resume todo o que nos ensinou Sonia:


Moitas grazas por todo a Sonia e a Jacobo. FOI XENIAL!

viernes, 6 de abril de 2018

Celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre O Autismo 2018

     Todos xuntos celebramos esta conmemoración cantando e lendo todas as barreiras que queremos romper en prol da inclusión.





viernes, 23 de junio de 2017

FELICES VACACIÓNS!!

DENDE 4ºC DESEXAMOS A TODOS E TODAS UNHAS MOI BOAS VACACIÓNS QUE AS TEDES MOI MERECIDAS!!



     A profe Azu deséxavos a todos unhas vacacións fantásticas despois dun curso no que vos esforzáchedes e traballáchedes moitísimo. Unha aperta moi grande e vémonos pronto. -Azu-

viernes, 17 de marzo de 2017

Benvidos á Ría de Betanzos e ó Pazo de Mariñán

     O martes día 14 de marzo 2017 fixemos unha saída ó Pazo de Mariñán. Os monitores Nati e Fran ensináronnos o fermoso xardín pacego que lle dá sona ó Pazo e que foi trazado hai xa 200 anos onde medran arbustos e árbores exóticas chegadas de ben lonxe que se espallan polos distintos recunchos do recinto dando sombra e cor.
    Tamén vimos o observatorio das aves e fixemos xogos de pistas para descubrir o xardín das palabras, a capela, o labirinto...etc.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

jueves, 16 de marzo de 2017

Radios do Mundo



     Mediante esta páxina web que poremos a continuación podemos buscar e escoitar diferentes radios do mundo. Para iso navegamos nun globo terráqueo e pinchamos nos puntos verdes que se corresponden a diversas localidades e as radios presentes nela. Canto mais grosos son os puntos verdes máis canais de radio se atopan. Disfrutade as radios do mundo!