Páginas

miércoles, 13 de marzo de 2019

PORTO DA CORUÑA


Os nenos e nenas da Rabadeira visitaron o Porto da Coruña.
Na visita, os escolares recorren as diversas zonas do Porto Interior da Coruña coma o Muelle de Trasatlánticos, o Muelle de Linares Rivas e a Lonja, onde baixan do autobús e recorren a pé o interior visitando o centro de coordinación e seguridade do porto:



unha sala onde fan unha actividade didáctica de simulación dunha subasta:


e, por último, unha visita aos almacéns de exportadores e as salas de subasta da lonja.













Durante o percorrido, aprenden conceptos básicos relativos ao funcionamento dun porto, como o tipo de tráfico e embarcacións queu recibe, a historia do porto e a súa contribución ao crecemento da cidade ou a responsabilidade que asume ante os impactos que a súa actividade ocasiona na súa contorna.


Os nenos de 2º na Biblioteca de Oleiros con Caxoto

     O Doutor Tilla "De Patacas" contounos un conto moi divertido sobre un virus que está arrasando...esperemos que lle puxera remedio co que nos contou...











martes, 26 de febrero de 2019

Contacontos na Biblioteca de Oleiros

O alumnado de 2º de primaria tivo a enorme sorte de poder asistir a unha das múltiples actividades en galego propostas polo Concello de Oleiros. Desta volta fomos a un contacontos de Ramiro Neira que fixo que grandes e pequenos puideran disfrutar e rir coas súas historias:









lunes, 25 de febrero de 2019

Publicacións feitas polos nenos

O alumnado de 2º estivo a traballar sobre os animais presentes no planeta terra e fixo unha investigación e unhas publicacións moi interesantes: