jueves, 20 de octubre de 2016
VISITAMOS A FRAGA PRETO DO COLE
O día 20 de outubro visitamos unha fraga preto do colexio para descubrir os cambios que produce a estación na que nos atopamos na nosa contorna.
Veo connosco o profesor Filipe e amosounos unha chea de curiosidades que tíñamos ben pretiño do colexio. Fantástico poder aprender dun xeito tan vivo e de primeira man todo o que é a nosa contorna.
viernes, 30 de septiembre de 2016
Visita da ilustradora María Lires
Hoxe tivemos a visita da ilustradora María Lires. Moito nos ensinou da súa arte e qué ben o pasamos debuxando e deixando voar a nosa imaxinación..
Velaquí unha pequena mostra da nosa xornada...
martes, 13 de septiembre de 2016
viernes, 10 de junio de 2016
VISITA A CASA-MUSEO DE MANUEL MARÍA E PENA DE RODAS
Fixemos unha visita moi interesante á Casa-Museo de Manuel María. A Casa Museo é o espazo no que se alberga o conxunto do legado de Manuel
María e, ao mesmo tempo, a sede da Fundación. Foi inaugurada o día 7 de
setembro de 2013. Está concibida como un espazo físicopara acoller a
biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito
relacionado con Manuel María e que serva, ademais, como lugar de
referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e
en especial entre as novas xeracións.
Despois fixemos unha pequena pausa para coller forzas e comezar a ruta cara o Campo de Santa Isabel...
Camiñamos unha pequena ruta cara Santa Isabel, tamén coñecido como “As Veigas”. O Campo de Santa Isabel ubícase, á sombra dunha frondosa arboreda, na confluencia dos ríos Miño e Ladra. Preto do campo hai un muíño, que aínda se utilizaba fai pouco tempo, unha capilla restaurada recentemente e a praia fluvial de Santa Isabel. Nesta área recreativa puidemos disfrutar dunha relaxada comida ao aire libre e disfrutar da natureza.
Dende alí collimos o autobús cara "Pena de Rodas". As "Penas de Rodas" son duas enormes pedras de granito, case perfectamente esféricas, asentadas só sobre bases moi pequenas, que parecen estar a piques de caer rodando, algo que impresiona ao acercarnos a elas.
Un día fantástico en moi boa compañía.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)