Páginas

viernes, 14 de junio de 2019

2ºA na finca da Carballeira

O venres 14 de xuño os nenos de 2º A visitaron a finca da Carballeira. Este lugar é fantástico xa que funciona como viveiro de diferentes plantas para logo poñer precioso o noso concello. Velaquí unha mostra das fotos deste día que comezou coa felicitación do cumple do noso compañeiro Nico:









viernes, 26 de abril de 2019

RETALLOS ESTAMPADOS: LUÍS SEOANE


     A persoa homenaxeada no Día das Artes Galegas no 2019 é o polifacético Luís Seoane, polo que os nenos e nenas de 2º de Primaria fixemos este obradoiro artístico e lúdico a través do que fixemos un percorrido pola súa obra plástica, principalmente polos debuxos, pinturas, ilustracións, deseños e gravados.




     Traballamos a súa vinculación coa literatura tanto como autor, como deseñador de portadas e ilustrador, sen esquecer o seu compromiso cultural, social e político con Galicia.





     Para rematar experimentamos coa técnica de estampación poñendonos na súa pel como artistas totais, creando e innovando nun particular laboratorio de formas e cores.



miércoles, 13 de marzo de 2019

PORTO DA CORUÑA


Os nenos e nenas da Rabadeira visitaron o Porto da Coruña.
Na visita, os escolares recorren as diversas zonas do Porto Interior da Coruña coma o Muelle de Trasatlánticos, o Muelle de Linares Rivas e a Lonja, onde baixan do autobús e recorren a pé o interior visitando o centro de coordinación e seguridade do porto:



unha sala onde fan unha actividade didáctica de simulación dunha subasta:


e, por último, unha visita aos almacéns de exportadores e as salas de subasta da lonja.













Durante o percorrido, aprenden conceptos básicos relativos ao funcionamento dun porto, como o tipo de tráfico e embarcacións queu recibe, a historia do porto e a súa contribución ao crecemento da cidade ou a responsabilidade que asume ante os impactos que a súa actividade ocasiona na súa contorna.


Os nenos de 2º na Biblioteca de Oleiros con Caxoto

     O Doutor Tilla "De Patacas" contounos un conto moi divertido sobre un virus que está arrasando...esperemos que lle puxera remedio co que nos contou...