Páginas

martes, 21 de febrero de 2017

Teatro-bailes e concerto

Teatro Valados-Entroidanzas-Palacio da Ópera

   Venres 17 de febreiro 2017 tivemos unha obra de teatro no Auditorio de Mera. A obra representada chámase "Valados", baseada nun libro de Agustín Fernández Paz:


Helena e Xoel son amigos inseparables, non hai horas que lles cheguen para estaren xuntos. Na súa vila comezan a suceder feitos que os desacougan; semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas e deixou no seu lugar odio, xenreira e medo. Axiña se erguen altos valados para separar e illar unhas persoas doutras. Valados visibles, e tamén invisibles, que afastan a Xoel e a Helena. Os dous terán que idear mil e unha artimañas para manter viva a intensa amizade que os une.Valados, conto de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Xan López Domínguez, é un libro chamado a converterse nunha das achegas máis importantes realizadas pola literatura infantil galega até a actualidade. Un libro sobre a amizade por riba de todas fronteiras. Un libro sobre a fraternidade por riba de muros e valados. Un libro sobre a igualdade e liberdade como dereitos primeiros de todos os seres humanos.

A obra encantóunos.

     Luns 20 de febreiro 2017, no mesmo lugar (Teatro de Mera) tivemos a actuación de "Entroidanzas" na que bailamos diferentes bailes carnavalescos do mundo. Que ben o pasamos!







 

     O martes 21 fomos a un sitio ben especial, o palacio da Ópera para ver unha obra chamadas "historias do mar" encantounos coma sempre visitar ese lugar.








1 comentario:

  1. Encantoume, gustoume o baile das entroidanzas,foi moi chulo mo pasei moi ben,gustoume aprender oc bailes dalguns sitios como brasil. ALBA

    ResponderEliminar